INVIVO LYRICS
album: "Cárcavas" (2015)
1. ((24.07))2. Cárcavas
3. Testemuñas
4. Anatema
5. Derrubando as portas
6. Fenda aberta
7. Baixo o mesmo signo
8. Dar un paso
9. Ni una más
10. Sol
11. Nosa quenda
1. ((24.07))
2. Cárcavas
O sol hoxe caeu
No pleno día augurou
Asolagando mareas vivas
No bordo da sima implorei
Camiña ante ruínas
Nun tempo fogar da súa prole
Entre vermes Cidade Santa
Descalza vaga ante poñente
Non hai mensaxe dende o ceo
Nin sacrificios que ofrecer
Mans tendidas péchanse
As vosas cinzas recollerei
Soedade
Sobre o cumio agonizou
Espazos fondos ábrense
Ondas baten, fauces do mar
Non hai mensaxe dende o ceo
Nin sacrificios que ofrecer
Mans tendidas péchanse
As vosas cinzas recollerei
Mandíbulas sanguentas tinguirán
Mans negras apertan
Aves inquietan
A somnolencia global
Hipnose vontade absoluta
Escurece nidio cristal
Coroa de arame de espiño
Sobre a nosa testa
3. Testemuñas
Por esa razón loitamos
Nunca perderemos o obxectivo
Quen pedras nos tirou nas costas
Fixo duro o leito que pisamos
Persistencia ao cruzar
Esa senda que outros abriron
Caeron por nós sen sabelo
Recolleremos as armas entre os seus dedos
Demoler a liña do tempo
E falar cos que foron vencidos
Ser nobre, convicción forte
Mudando odio por orgullo
Testemuñas
Dos que non están
Estandartes
Son a forza coa que poder chocar
Recuperar reflexións
Das vítimas do destino
Serrar o ferro da prisión
Que alguén limou con escritos
Implacable nas formas
Non nos poderán parar
Ser o martelo que golpea
Na cadea do recluso
Testemuñas
Dos que non están
Estandartes
Son a forza coa que poder chocar
Nunca vou descansar, ata verte caer
Nomes gravados no muro
da infamia sobre templo mudo
Homicidas e covardes
Non bailarán máis nos vencidos
Ter que pechar os ollos
Evitareino diante do asasino
Sento o latexo dunha voz
Coma amuleto transmitido
Meu don
4. Anatema
Un grande lastro, un engano invisible
Da sospeita á evidencia
Sangue corrupto consumindo o pensamento
Metamorfose no sino aterrador
Respirar, respirar
Saír do pozo
Consumir, consumir
Latencia interior
Foi como unha visión que quedou gravada
Intención dun escravo máis
Na sombra manifesta apenas perceptible
Agarda o lapso e alzar a voz
Respirar, sangrar, é parte de min
Pecha os ollos e non penses mais
Lembra o vivido en guerra e paz
Cando a vela cese
Non agardar por esa fe
O mundo non pode entender
Baixo este anatema
Tras a careta rin os infectos cabeiros
A cada instante volta a expresión
Por só un instante soñei facerme invisible a el
Non hai indulto nesta habitación
5. Derrubando as portas
Non máis dilacións
Ante o camiño sen saída
Non máis explicacións
Cando todo está máis que claro
Non máis escusas
Mirade onde temos chegado
Non máis perdón
Cando abrides as portas da confrontación
Crer só o que queres crer
O demais non importa
Ver só o que queres ver
Derrubando as portas
Dos lugares que esquivades
Fóra das vosas crenzas
Nunca puidemos medrar
Entre as ruínas do noso fogar
O tempo esgótase
Tras o paso das centurias
Só queda derrubar
As portas do teu mundo
Ata aquí, chegamos esgotados
Dos vosos enganos
E dende hoxe ao final
Dende hoxe ao final, outro día máis
Loitar por derrubar as vosas portas
6. Fenda aberta
Dinse chamar brancas mans e acusaron
Condenando ao silencio un clamor
Dos soños, desexos, arelas que revelar
Cobrada a recompensa que non vai saciar
Van polas vidas pouco a pouco
O medo por apoloxía
Polas mesmas vidas pouco a pouco
A man de ferro coa mentira
A cobiza sacada á luz destronou
Destino do seguidor, traidor
Aparicións sen cabezas agardando
Anacronismo, a inmunidade caducou
Fillos da repulsión
Navegando na deriva
Sobre o mar da confusión
Que a usura só lles guía
Recoñecer que deben caer
E traballar coas propias mans
Coma o mortal que para comer
As feridas ten que lamber
7. Baixo o mesmo signo
Nacidos ti e máis eu baixo o mesmo sol
a mesma carga un mesmo signo
Naufragamos por nadar contra corrente
O noso mundo o noso ente
Remarei, Insistirei
Combaterei
Podes reinar máis non a miña mente
Longas mans din respectar a lei
Os verdugos anuncian quen vai morrer
Con abusos dispoñen que debes crer
Podes reinar máis non a miña mente
Baixo a violencia, do que agocha a man
Tiras a pedra, que hoxe nos vai marcar
Unha data na que deba morrer
E outro escravo ocupe o meu lugar
Non nos debemos, ás súas causas
Cando os mercados, non fan máis que medrar
Desbotando, os nosos soños
Dende o seu trono, engordan, rin sen parar
8. Dar un paso
Dispáreme, aperte o percusor
De novo nada, dende sempre nada
Finar é só un leve paso,
Fágame dálo, soportarei a presión
Serei un martelo, na súa conciencia
A úlcera, que o comerá en silencio
Vagarei, nos longos soños seus
Coma o afogado que non cesa de volver
Escoito no silencio seus rezos, non por min
Ninguén que coñeza, poderá salvalo entón
Coma un fuxido, a branca aparición
Podo aguantar, a súa mirada
mentres treme, caeremos os dous por fin
Vamos: a eternidade
Vamos: dar o paso
Vamos: na consciencia
Vamos: xa pasou
Por un instante a min, vostede a eternidade
Coido que isto si, o poderá entender
9. Ni una más
Una vez y otra vez… Ni una más!
Hoy va a cambiar el juego,
Hoy soy perro sin dueño
Y si te acercas muerdo,
Sin dudar
Me levanté del suelo,
Arto del yugo eterno
Me despojé del miedo
Y del bozal
Ya estoy arto
De aguantarte
No quiero verte más
Vas a pagar caro
Este tiempo
Ni un minuto más!
Una vez y otra vez… Ni una más!
Ya no tiene remedio,
Ahora soy yo mi dueño
Y no aguanto el desprecio,
De tu bondad
Con tu cara de cerdo,
Has convencido al pueblo
De que tú eres el bueno,
Asco me das!
10. Sol
Outro soño roto
Outro lamento xordo
Outro medo que inculcar dentro
Outro corpo frío
Abandonado espido
Sen un lugar no que acougar, basta
Dime cando vai cambiar
Cando volverá a brillar
O momento está a chegar
E esta vez non, esta vez non, esta vez…
Corre
Imos
Grita e vas ver que,
Calan
Arden
Caen e agora que? agora que?
Quero ver o ceo
Quero poder respirar
Quero erguerme sobre o mar doente
Quero encher o peito
E poñerme a berrar
Que se te está a acabar o tempo
… porque, cando pareza que, todo está perdido debes de crer que...
vai a saír o sol, saír o sol
xa sinto o seu calor
seu calor
11. Nosa quenda
O can da rabia ladra máis
Fende as fauces ante ti
Non se pode controlar
Nota que algo mudou no ar
A corda aperta arredor
O pescozo en tensión
Xa non se recostará
a rutina hoxe alterou
Non se explica a razón
Non hai medo ante a agresión
Non vas morder xa o fixeches unha e outra vez
Xa ves sigo aquí agora si tócame a min
Miña xente así quedou
sen dereito a desempregar
aquilo polo que loitou,
aprendeuno ou soñou
Creando esa sensación
De culpa e malestar
Demolendo o que custou
As vidas dos que non están
Thanks to mariocesarvila for sending these lyrics.
Submits, comments, corrections are welcomed at webmaster@darklyrics.com
INVIVO LYRICS
Copyright © 2001-2019 - DarkLyrics.com --- All lyrics are the property and copyright of their respective owners.
All lyrics provided for educational purposes and personal use only. Please read the disclaimer.
All lyrics provided for educational purposes and personal use only. Please read the disclaimer.