INVIVO LYRICS
album: "Dogma" (2011)
1. Dogma2. 1940
3. Vox Dei
4. Desorde
5. Aislado
6. Malas Influencias
7. Éxodo
8. Odisea
9. Por Sempre
10. Ser-AhÍ
11. Marcas Que Abrasan
1. Dogma
Manifestar e comezar de novo
Medrarán sempre, resentimentos
Desolación tras dos espellos rotos
Cruel obriga á repetición
Manifestar, pór outra vez cara
Manifestar, reacción
Manifestar, sen importar distancias
Manifestar, revolución
Dogma
Repetir é cometer un erro
Perdoar, eles non puideron
Soños mudan en esperanzas rotas
Esperanzas que rompan o teu dogma
Manifestar, pór outra vez cara
Manifestar, reacción
Manifestar, sen importar distancias
Manifestar, revolución
Opresión, sangue, suor e paro
insubmisión, medrar na rúa
toda vida sobre o cravo ardendo
pouca sorte, baixo este signo
Dogma
2. 1940
1, 9, 4, 0
Quen nos fixo chegar aquí?
Por que sempre perdemos nós?
Non entendo por que pasou
Hoxe sufrimos esta represión
Como cebarse no perdedor
Sobre a madeira como un trofeo
Ergo a mirada e clamo ao ceo
Na cuneta ábrese o peito
O ventou foise, a carne sementou
A cruz elévase, Europa arde
Tento fuxir
E vivir desterrado
Agardando outro final
Que non sexa atormentado
Atrás quedan meus irmáns
Serán fusilados
Deixar amante e fogar
A mans do violador
O ventou foise, a carne sementou
A cruz elévase, Europa arde
1, 9, 4, 0
Bandeira da conspiración
Cega un febril desexo
Dar liberdade á disección
Presaxio dese longo inverno
Ábranse os medos
Derradeira lección do mestre
A herba non medra máis
E Atila remata a gusto
O ventou foise, a carne sementou
A cruz elévase, Europa arde
1, 9, 4, 0
3. Vox Dei
Vexo medrar procreos, fobias do mal maior
Pasivos devorados, arredor
Fermosa aberración, anega as propias veas
Sorrisos desgraciados, nesa visión
Comprende ben, aprende a desgarrar
Ficción indestrutible, non natural
Deciden puritanos: aborto é inmoral
Non así a tiranía e poder fusilar
Por que esa ira, por que señor
O ben non chega, coa resurrección
Un mundo baixo fobias, separando
Comercio da moral, control dende o altar
Bestas sobre esa copa convidan a brindar
Beben seu sangue non é casual
EST.
Expulsados por non ter fe, sen nada que nos salve
Abrasados por non crer, pastores piden sangue
Chagas que non se selan, imaxes do fatal
Reclaman subsistencia, cal é a misión?
Abuso a menores, violación silenciada
Que mandamentos dis que temos que cumprir?
Apestan rezos falsos, cando a mentira é arte
A túa caridade puro interese
Asisten condenados, no corredor da morte
Detesto a idea que tes do perdón
4. Desorde
Cicatrices escriben máis
Que mil discursos
Tomar alento (aperta as mans)
Crear desorde
Tanto que gañar, tanto que sufrir
Tanto que manter: poder defender
Reto diario, caer e erguer
Xeitos de vida
Barro amado que morder
Crear desorde
Tanto que gañar, tanto que sufrir
Tanto que manter: poder defender
Tantos camiños pechados por lei
Tantas mentiras
Marca a distancia superficial
Quebrar cadeas
Treboada marca o son
Canción eterna
É resistencia, é devoción
Crear desorde
5. Aislado
Luché con toda mi energía
incluso me arrastré a sus pies
Amenazante
Aislado al fondo estarás bien
Confié en la suerte, me fue esquiva
Lo cierto es que me equivoqué
Del todo ausente
Aislado al fondo
Bastó leve reacción
Esfuerzo inútil
Marcó su territorio
Obedece, traga saliva
Pagando el precio por perder
Mediocridad desmerecida
Aislado al fondo estarás bien
Vagué sin rumbo a la deriva
la suerte viaja del revés
realidad enrarecida
Aislado al fondo
Bastó leve reacción
Esfuerzo inútil
Marcó su territorio
Atreverse, dispuesto a responder
No debes fingir
Al provocarte su desprecio, depende de ti
Este no puede ser mi último gran shok interno
Mi intención es evitar que permanezca dentro
Falló… atrévete a caer
Te puedes rendir o puedes afrontar tus miedos
No debes fingir
Dispuesto a responder
Quizás el tiempo me esclaviza
Todos los sueños retendré
Busco un refugio
Aislado al fondo estarás bien
Vela una sombra adormecida
No es el momento, aguardaré
Cicatrizando las heridas
Aislado al fondo estaré…bien
6. Malas Influencias
Pase sen chamar, o conto xa me soa
Que vistas nos da dende o cadalso
Vita brevis, as cartas van marcadas
Pan duro a mascar, cal foi o xogo limpo?
Pensar que todo pode estar baixo control
Pensar que a máquina non crea confusión
Mal! percepción
Mal! transmisión
Necesitan máis que manter rutinas
Ritos mortos cren e din estar con vida
Delirios letais perden a partida
A furia sen lei marca a saída
Vicios por purificar, demostra a valía
Achégate a xogar, sen protección
Eternidade, salta sen medo
No formigón... sen dirección
A realidade non está onde a queren ter
Abre as portas ven, atreve a entender
Quen vai gritar?, son estes os teus fillos
Maduran sen ti , quen o diría
Milagre por fin, as masas nunca opinan
Quédalle moi ben o xugo da mentira
7. Éxodo
Mirar e non ver, xulgar sen saber
Afán por coller, todo teu sempre
Cuestión que negar, tempo por perder
Dente que trabar, suma segue
Así enganan aos cegos, con ameazas vivas noutros tempos
Así marca a penumbra, quen ve dun ollo gaña a partida
Na memoria, noutra versión, na que non se pode contar está a razón
Aprender, superación, saber diferenciar o real da ficción
Foron medrando, cada vez pensando peor
Foron mudando, á sombra do protector
Necios triunfarán, sempre foi igual
Torpe convicción, parodia irreflexión
Tensar moito máis, sempre rompe igual
Pensar é perder, indecisión
Así estafan aos mudos, verbas baleiras baixo a lei do silencio
Así sinalan os mancos, dedos apuntan acaban disparando
Na memoria, noutra versión, na que non se pode contar está a razón
Aprender, superación, saber diferenciar o real da ficción
Foron calando, nada que obxectar
Foron sinalando, conseguiron medrar
Na memoria, noutra versión, na que non se pode contar está a razón
Aprender, superación, saber diferenciar o real da ficción
8. Odisea
Busco a certeza que me fixo renegar
Busco o reflexo e non existe
O tempo pasa non acabo de empezar
Vexo un futuro consumido
[Mira:] sinto que non poderei chegar
Lévame lonxe, lévame xa
Quero chegar a ese lugar
Lévame lonxe, lévame xa
Esta odisea xamais acaba
O tren da vida pasa sen parar
Ante o balance dos meus recordos
Que atormentan sen deixarme en paz
Hai moito perderon sentido
[Mira:] sinto que non poderei chegar
Lévame lonxe, lévame xa
Quero chegar a ese lugar
Lévame lonxe, lévame xa
Esta odisea xamais acaba
Lévame, Lévame
[Mira:] sinto que non poderei chegar
[Debo:] tempo que non vou recuperar
Lévame lonxe, lévame xa
Quero chegar a ese lugar
Lévame lonxe, lévame xa
Esta odisea xamais acaba
9. Por Sempre
Media batalla puideches gañar
Pero outra media perderás
Sen opción a poder decidir marcado
Son preguntas sen resposta dos postrados ante as portas
Do paraíso limpo, sen dereitos adquiridos
Sanción por acción, son os vales asumidos
Portar a cruz, condénate por sempre
Froita do mal que ben soubeches tragar
Inocencia cortada, un cabrón quixo gozar
Foron regras duras difíciles de acatar
Desconfianza dos que queren vivir en paz
Notar o alento de quen te quere atrapar
Erro pagado, as garras oprimen
Non hai nada que soñar para quen non pode durmir
Acusado nos medios non poderás persuadir
Quebra a barreira obrigándote a enfrontar
Se non chega o fin, sempre hai contas que saldar
Destino cruel un capricho do creador
Futuro inxusto, imposible acometer
Non hai tempo que gañar cando só queda sufrir
Historia amarga condena á repetición
10. Ser-AhÍ
Me he entregado a una ilusión
He vuelto a cometer el mismo error
Vuelve el vacío y el dolor
Con lo perdido en mi interior
¿No lo ves? ¿no quieres ver?
¿No lo ves? ¿no quieres ver?
Cada gesto, cada vez
Entregar, este ser
Te he dado tanto que ya no queda nada
Te he dado todo y no me queda nada
De lo que he sido, no queda nada
De lo que he sido, no queda nada
Me cuesta tanto no mirar más atrás
Llegar a comprender por qué te vas
Enloquecido por no encontrar razón
He sucumbido sin remisión
¿No lo crees? ¿No quieres creer?
¿No lo crees? ¿No quieres creer?
Si es posible, ¿por qué temer?
Nadie gana sin perder
Volvería a equivocarme, volvería a ir tras de ti
Volvería a abandonarme, al ser que he puesto ahí
Volveré a equivocarme, volveré a ir tras de ti
Volveré a abandonarme, al ser que he puesto ahí
Intento rehacerme
Volver a empezar
Crear un nuevo ser
Y no fallar
Te he dado tanto que ya no me queda nada
Te he dado todo y no me queda nada,
No, queda nada
De lo que he sido no queda nada
11. Marcas Que Abrasan
Teus ollos nos meus: soporta a presión
Túa mente miña: golpea no cicel
Dubidar: pensar é perder
Non quero señor, por favor!
Deber e coacción
Sen xustificación
Obrigar, enfrontar sen razón
Benvida a dor
Sen saber por que
Marcas que seguen abrasándome
Nova era de agresión, deixa o fogar
Vives nel e non o podes comprender
Así é entrar e derramar
Sangue e razón, sangue e razón
Deber e coacción
Sen xustificación
Obrigar, enfrontar sen razón
Benvida a dor
sen saber por que
Marcas que seguen abrasándome
Roce confusión, vinganza, pavor
Foron medrando en min, foron medrando
As mans molladas unha vez máis
Saltar a liña, rachar a lucidez
Marcas que non deixan de abrasar
Thanks to invivogrupo for sending these lyrics.
Submits, comments, corrections are welcomed at webmaster@darklyrics.com
INVIVO LYRICS
Copyright © 2001-2019 - DarkLyrics.com --- All lyrics are the property and copyright of their respective owners.
All lyrics provided for educational purposes and personal use only. Please read the disclaimer.
All lyrics provided for educational purposes and personal use only. Please read the disclaimer.